TEMAS: 5,6,7,8 e 9

Que aprendín no tema...

TEMA 5

OS INICIOS DO SÉCULO XX

Ao principio deste tema demos que era a Paz Armada, na cal empezamos por ver que era a Belle Époque, que foi a época pacífica e próspera que precederon a Primeira Guerra Mundial. Apareceron signos de crecente competencia económica e aumento das tensións nacionais, coloniais e imperialistas, tamén económica e de avance científico. A Segunda Revolución Industrial impulsaba a adquirir colonias que servisen como territorios de produtores de materias primas e de mercados.

Na época de revolucións os partidarios socialdemócratas abandonaban a vía revolucionaria e participaban en eleccións para impulsar reformas. Se dividiron en grandes potencias:

-Rusia: O tsar Nicolao II gobernaba como monarca absoluto (masa labrega vivía en concións de miseria e violencia), a clases medias ansiaban reformas, e a indrustrialización suscitaba receos e malestar social. 

Na derrota ante Xapón (1904) xerou disturbios, manifestación con violencia (Domingo Sanguento) inniciou a Revolución de 1905, sufocaron con dureza. O tsar concedeu unha asamblea consultiva, a Duma. 

-China: 1900, rebelión dos bóxeres, contra as concesións ás potencias imperialistas, esmagada por unha coalición estranxeira. Dinastía manchú descreditada. 1911 proclamouse unha república que poñía fin a o imperio milenario. 

No camiño cara a guerra, un signo alarmante da belle époque era a carreira armamentística. As potencias viaxaban con desconfio, xa que, as ambicións coloniais as enfrentaban unhas contra outras:

-Reino Unido: Dominaba os océanos durante séculos, receaba do crecemento da frota alemá.

-Alemaña: Temía a fortaleza de Rusia e aspiraba a construír un imperio en África e no Pacífico. Para logralo, contaba con arrebatarlle a Reino Unido a hexemonía naval.

-Francia: Quería defender seu imperio colonial e soñaba con recuperar provincias perdidas en 1871.

-Austria-Hungría e Rusia: Competían pola hexemonía nos Balcáns,  disputaban territorios do Imperio Otomán. A unión de todos os esclavos , foi fomentado por Rusia e temido polo Imperio austrohúngaro, onde os esclavos se sentían relegados.

-Italia e Xapón: Trataran inxustamente repartición de colonial pretendían expandirse.

As apetencias imperialistas eran incompatibles entre as potencias e conducían de maneira segura cara a unha guerra. Que converteuno nunha gran guerra dividida en dúas potencias coalicións rivais:

-Tripla Alianza: Formada polos Imperios Centrais e Italia, que revestían as súas alianzas en 1915.

-Tripla Entente: Acordos entre Francia e Rusia con apoio de Reino Unido. 

Guerra que poido estanlar en calquera dos momentos de tensión daqueles anos: crises marroquís (1905-1911) entre franceses e alemáns, crise bosníaca (1908) entre austríacos e rusos e aas dúas guerras balcánicas (1912-1913) Imperio Otomán perdeu gran parte dos territorios.

Na Gran Guerra, o estalido da contenda (28/6/1914) matan o arquiduque Francisco Fernando de Austria. Viana envia un ultimato ao Goberno serbio. 

A guerra de movementos (1914), pensaron que sería unha guerra breve, o plan alemán era evitar loitar en dúas frontes. Consistía en derrotar a Francia antes de enfrontrarse na oriental con Rusia. Alemáns atacaron a Bélxica por sorpresa, esta era neutra. A situación de 1914 a pesar das vitorias alemás, era de estancamento.

A guerra de posicións (1915-1917), bandos intentan romper e abrir novos frontes e incorporar novos contendentes.

-Potencias centrais: Entraron o Imperio Otomán e Bulgaria. Atacaron os turcos desde o Cáucaso, aliados alentaban a rebelión dos árabes. 

-Bando aliado: Principais incorparacións, Italia e Romanía. 

A apertura de novas frontes non se logrou, a pesar do uso de novas armas, masacres como a de Verdum, Somme e Ypres. A guerra entrou nunha fase de desgaste, atacaba cada contendente con todos os medios, mentres estrangulaba economicamente o inimigo. 

Os sucesos transcendentais:

-Estalido da Revolución Rusa: Beneficio a potencias centrais, podían ter conversas de paz.

-Declaración de guerra dos Estados Unidos a Alemaña: Resposta aos ataques submarinos, achega militar limitada.

Os catorce puntos de Wilson, son catorce puntos que sinalaban os principios que debían rexer a ordenación de Europa tras a guerra. 

-Liberdade de navegación e de comercia.

-Recoñecemento do dereito dos pobos á autodeterminación.

-Renuncia á diplomacia secreta

-Fundación dunha Sociedade de Nacións: Solucionar conflictos de maneira pacífica.

Alemáns dirixíronlle a Wilson a súa petición de armisticio coa esperanza de lograr negociar con el unha paz máis benigna de acordo cos puntos. Rsia non participou nas negociacións e foi tratada como perdedora. Territorios periféricos pertenceron ao Imperio ruso.

Os Tratados de Paz. Negociación que puxeron fin á Gran Guerra son coñecidos como a Paz de París. 

-Tratado de Versalles: Obrigada a asumir a responsabilidade da guerra. Devolverlle a Alsacia e Lorena a Francia, debía pagar reparacións. Perdeu territorios, Prusia Oriental quedaba illada polo corredor de Danzing, proporcionaba a Polonia unha nova saída. 

O balance da Gran Guerra, está guera foi o "o suicidio de Europa", declive posterior contrastou co auxe de potencias non europeas. 

TEMA 6

O PERÍODO DE ENTREGUERRAS

Neste tema estudamos a transformación económicas na cal a Gran Guerra foi a primeira guerra total, a que cambiou a forma de concibir o papel do Estado. Esta guerra supuxo unha bancarrato que tivo como consecuencia a hiperinflación. Na crise demográfica, a pandemia de gripe, esta enfermidade causou moitas mortes. No papel novo da muller, mollorou na roupa e que conseguiu obter máis traballo.

O avance da democracia fixo que a maior parte dos Estados despois da Primeira Guerra Mundial foron repúblicas democráticas. Poñían en cuestión o sistema democratico: comunismo e fascismo.

A república de Weimar, a extrema dereita propagou a lenda da "puñalada nas costas". Adolf Hitler facasou no seu golpe de Estado.Os Estados Unidos nos anos vinte triunfou o illacionismo, no interior do país predominaba un forte conservadurismo. Anos tamén de auxe do Ku Klux Klan.

Acordos de Locarno de 1925 para impedir unha nova guerra, súa base era o entendemento franco-alemán; ambos recoñecían as fronteiras. O espíritu de Locarno, clima de recociliación e acordo, supuxo o momento de máxima distensión entre ambas as guerras mundiais, e significou o apoxeo da Sociedade de Nacións, pode considerarse o precedente do espírito europeísta.

·Rusia: comunista, URRS

·Italia: fascista

O Soviet Supremo aprobou URSS, ante a rebelión dos labregos contra as requisas das súas colleitas e as protestas da poboación ante o descenso do nivel de vida.

Trotski: propugnaba a revolución permanente , a URSS debía ser a plataforma desde a que se extendería a revolución ao resto do mundo.

Stalin: impuxo a estratexia do socialismo nun só país.

O fascismo, seus trazos principais: supremacía do partido e o líder, primacía do estado, racismo, autarquía, política exterior agresiva e corporativismo.

O desencadeante da crise foi unha burbulla especulación na bolsa de Nova York. Ganancias eran proveitosas que se xerou un ambiente de euforia.

O crac de 1929, o 28  de outubro de 1929, coñecido como Xoves Negro desatou o pánico na bolsa de Nova York.

TEMA 7

OS ANTECEDENTES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

Keyness era un economista que foi o primeiro que lle encontrou solucións á crise económica.

As ideoloxías comunista e fascistas opostos. As formas máis extremas destas ideoloxías, stalinismo e nacionalsocialismo, se emprega o termo totalitarismo. O fin desto serías consiste en alcanzar un poder ilimitado e total sobre a poboación.

Os trazos totalitarios son: culto á personalidade do líder, polícia política, represión, a Gran Purga e manipulación da historia. Stalin decretou a fin da Nova Política Económica e a súa substitución por plans quinquenais, obxectivo a industrializada acelerada, sen importar a poboación.

As causas do nacionalsocialismo alemán son: o rexeitamento do Tratado de Versalles, teoría da puñalada nas costas e o impacto da Gran Depresión. As etapas son anos vinte e anos trinta (eleccións de 1930 e eleccións de 1932). Suspendese a Constitución de Weimar, iniciase o Terceiro Reich. A Noite dos Cristais Rotos, foi unha noite na que os nazis atracaron os fogares e as tendas dos xudeus.

O 1 de setembro, Alemaña invade Polonia. Francia e Reino Unido declaran a guerra ao Terceiro Reich. Iniciase a Segunda Guerra Mundial.

TEMA 8

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

Hitler e Stalin firmaron un Pacto de Non Agresión en 1939. Exército alemán coñecido como a Wehrmacht esmagou ó exército polaco. O pacto incluía un protocolo secreto, supoñía a repartición de Polonia entre Hitler e  Stanlin.

Unha vez masacrada Polonia a guerra entrou nunha fase de estancamento. Francia denominou a esta etapa "guerra de broma". Os territorios do leste, Hitler iniciouen 1940 a "guerra relámpago", serie de ataques rápidos con factor sorpresa.

Tras a derrota de Francia, Alemaña concentrouse na batalla aérea de Inglaterra. Enn Reino Unido formárase un Goberno de concentración presidido por Churchill. Este mostrou dende o principio unha bontade de resistencia. A forza aérea alemá Luftwaffe, bombardeou as instalacións militares pero, vendo que non diminuíu o poderda aviación británica, RAF, Hitler cambiou de táctica e ordenou a guerra total.

Aproveitando a derrota de Francia, Mussolini entrara na guerra.

A comenzos de 1941 o continente europeo estaba devdido en dúas grandes zonas: a zona oriental (URSS) e en máns das potencias do Eixe. A democracia case desaparece. Os Estados Unidos seguían en paz, retraídos sobre si mesmos. A decisión de Hitler en 1941 de invadir a Unión Sobiétia a pesar do pacto de non agresión foi un erro.

O puto de inflexión foi a batalla de Stalingrado. Stalin respondeu coa orde de "nin un paso atrás". A rápida evacuación do Caucaso impediu unha derota maior, pero a súa última ofensiva en Rusia supuxo a vitoria sobiéticana batalla de Kursk.

Os tres grandes Roosevelt, Churchille Stanlin reuníronse por primeira vez na Conferencia de Teherán. Os aliados levaron acabo unha campaña de bombardeos masivos. Os rusos mentres perseguian co seu avance cara Alemaña, as tropas aliadas desembarcaron en Normandían. A contraofensiva nazi das Ardenas detivo o seu avance.

Na Conferencia de Ialta, pactáronse as fronteiras e áreas de influencia que se impporían tras a guerra. Nacera o proxecto dunha Organización das Nacións Unidas que debían de encargarse de deseñar o futuro do mundo despois da guerra.

A China era un país dividido, presa da guerra civil, dous grupos: nacionalistas e comunistas. A finais de 1937 produciuse a masacre de Nanquín: brutais acción por parte dos xaponeses contra os civís.

En decembro de 1941, sen previa declaración da guerra, a aviación xaponesa atacou a base estadounidense de Pearl Harbor.

Durante os dous nos seguintes, a guerra adquiriu sobre todo unha dimensión naval con numerosos enfrontamentos. Das conferencias cos aliados e a URSS, EEUU comprometéronse a dar prioridade ao escenario europeo da guerra.

Alemaña sufriu enormes perdas humanas. O máis rechamante deste conflito bélico é que por primeira vez o número de vítimas civís superaba a o de convatentes.

A palabra xenocidio designa o asasinato masivo co gallo de exterminar un grupo humano por razóns étnicas, relixiosas  e políticas. O paso decisivo deuse a principios de 1942 tras  a Conferencia de Wannsee, conduciu a construcción dunha rede de campos de exterminio, co fin de rematar co "problema" dos xudeus. Xenocidio levado a cabo polos nazis é coñecido como holocausto. Asasinábase as vítimas en cámaras de gases e logo incendiábanse os corpo.

En 1945 tiveron lugar dúas conferencias: Ialta (EEUU e URSS) e Potsdam (capitalista).

TEMA 9

GUERRA FRÍA

Os conflictos de la Guerra Fría son: Guerra de Corea (1950), Rebelión de Hungría (1956), Crise de Suez (1956), Incidente do U-2 (1960), Construción do Muro de Berlín (1961), Desembarco de baía de Cochinos (1961), Crise dos Misiles (1962) e Guerra de Vietnam (1955-1975).

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar